Decepcióname o PSdG
Parece que aos socialistas góstalles controlar a información.
Do PP non me estraña. Levamos vivindo moitos anos de manipulación informativa (ollo, a ligazón é un ciberberro).
Por outra banda, a campaña estame a parecer taaaaan aburrida que non atopo moitos motivos para escribir.
O PP segue a falar de Carod-Rovira, o PSdG so sabe traer a Zapatero e outros ministros (¿seica non teñen programa? dubídoo) e ao BNG non os escoita ninguén, agás no blogomillo, onde podes seguir as conversas (Ollo, ficheiro RSS).
Nota: indígname que os medios de comunicación leven 8 anos tratando ao BNG como o terceiro partido galego. Primeiro sae Fraga, logo Touriño e despois un anaquiño para Quintana.

