Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
Transición en Galicia

Transición en Galicia

A miña visión sobre o primeiro goberno progresista.

Miércoles, 08 de junio de 2005

A xente nova non emigra

Coido que foi hai dous días cando escoitei a Fraga dicir que a xente nova do país non emigraba.

A conclusión é que teño un círculo de amizades ben raro. Estes foron os meus compañeiros de clase máis cercanos que tiveron que marchar de Galicia para traballar:

Dimas, en Bilbo.
Pepe, en Barcelona.
Óscar, en Barcelona.
Souto, en Luxemburgo.
Ernesto, en Madrid.
Belén, en Madrid.

Non quedan moitos máis en Galicia que fora e agora so nos vemos na xuntanza que facemos polo Nadal.

Pero Fraga probablemente pense que marcharon porque querían.

Referencias

URL para referencias

Comentarios

  1. tes toda a razón ,eu estou emigrado en Madrid e son moitos máis os que despois de formarse na universidade galega ten que emigrar o resto da península ou incluso o extranxeiro,e no caso da miña provincia d orixe:Ourense,o tema xa é máis que sangrante ,só viven en Ourense os estudiantes a poboación en idade de traballar está na segunda cidade de Ourense:Vigo.
    É unha auténtica pena que despois de facer unha verdadeira inversión nun activo como é a educación dunha sociedade os políticos da nosa terra miren como se van os seus xóvenes.
    Unha aperta

    xose — 08-06-2005 23:27:45

  2. Eu tamén estiven en Madrid. E ademáis dos meus compañeiros de clase, coñecín a máis galegos ¿Como non imos estar ata na lúa se a necesidade nos bota da nosa terra?

    A ver se podemos voltar pronto.

    Pouco Ladradro — 09-06-2005 08:25:04

  3. Ademais dos que estamos permanente fóra habería que engadir os que seguen a vivir en Galicia pero traballan fóra e que estan 3 semanas polo mundo e unha na casa. A meirande parte dos meus amigos da infancia, nengún deles con carreira superior, andan nesta situación. Traballan ou de camioneiros ou montando locais comerciais e si, volven regularmente a Galicia pero o certo e que o traballo téñeno a miles de km de distancia. Sair fóra non esta mal, ten moitas cousas positivos, ábrete a mente e dache un abano maior de oportunidades. O terrible é non ten opción de voltar se queres, xa que a oferta é prácticamente inexistente e voltar a Galicia supoñe un retroceso terrible a nivel profesional

    Dimasiado — 09-06-2005 10:50:00

  4. O outro dia ouvim a feijoo dizer que: IR A OUTRA COMUNIDADE AUTÓNOMA ESPANHOLA NOM ERA EMIGRAR.
    Acaso queredes pôr trabas à possibilidade de viajar libremente por todo o estado?
    O seguinte passo será que ir a trabalhar a finlandia tampouco será emigraçom já que nos assiste o mesmo dereito que no caso da espanha. Abaixo as alfándegas!!
    Creio que estas declaraçons se comentam por si mesmas, ou polo menos eu vejo-me superado e nom podo apenas escrever mais nada.

    anónimo — 10-06-2005 13:36:44

  5. O outro dia ouvim a feijoo dizer que: IR A OUTRA COMUNIDADE AUTÓNOMA ESPANHOLA NOM ERA EMIGRAR.
    Acaso queredes pôr trabas à possibilidade de viajar libremente por todo o estado?
    O seguinte passo será que ir a trabalhar a finlandia tampouco será emigraçom já que nos assiste o mesmo dereito que no caso da espanha. Abaixo as alfándegas!!
    Creio que estas declaraçons se comentam por si mesmas, ou polo menos eu vejo-me superado e nom podo apenas escrever mais nada.

    anónimo — 10-06-2005 13:37:50

Comentar


Recordar datos

Eu, na rede

Berridos do sur
No lo entiendo. Usabilidade e deseño de interacción.
As miñas fotos en Flickr.

Outras bitácoras

Endurance
Galego de seu
Polo Cambio en Galicia
A Regueifa
Fragaga.org
BNG-Xinzo

Outras ligazóns

Vieiros
Galego 21

Sindicación

RDF 0.91
RSS 1.0
XML/RSS 2.0
Atom 0.3
As eleccións no blogomillo (Technorati watchlist)

Procuras

 

Categorías

Comprando votos (4)
Datos, enquisas (6)
Declaracións (3)
General (43)

Arquivo

Octubre 2009 (0)
Julio 2005 (1)
Junio 2005 (27)
Mayo 2005 (21)
Abril 2005 (7)

Créditos

Diseñado por Manu Contreras
Creative Commons License

Outros


directorio de weblogs. bitadir
Blogwise - blog directory Suscribir con Bloglines Blogarama
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009