¿Son serias as Medallas de Galicia?
Este ano a Xunta vai conceder a Medalla de Galicia ao presidente do Grupo Voz.
Desde logo a credibilidade das Medallas de Galicia é pouca. Non esquezamos que Álvarez Cascos recibíu a medalla despois da catástrofe do Prestige. Con estes antecedentes ¿ti quererías unha?
Seguro que A Voz non ten de abondo cos máis de 400.000€ que xa lle pagaron para informar dos actos da Xunta. Agora tamén toca medalla.
E aínda temos que aturar a Santiago Rey dicindo que a crise dos medios é culpa dos gobernos de turno. ¿Seica non lembra o que lle fixeron os seus fillos Emilio e Santiago Rey Berguer?
Coido que vou abrir unha categoría de "Comprando Votos "

