Sambesugas coruñesas
Pode que non sexa o sitio máis axeitado para expoñelo, pero estou tan cabreado que teño que soltalo. Ademáis o empresario sambesuga que vende á súa nai por cartos sempre foi promovido polo PPdG todos estes anos.
Que FADESA vai construir un macrocomplexo turístico no norte de Marrocos non é algo novo.
O que non sabe a xente é que se van cargar un lugar de moito interese ecolóxico (en francés).
Mágoa de país cuns empresarios e políticos tan ruíns. Eu emigro como non cambie a cousa.
Referencias
URL para referenciasComentarios
-
q barbaridá!!!! graciñas por darnos argumentos sobre estes dos q xa dudabamos
uabldiño — 01-06-2005 12:19:21
-
Creo, e digo creo porque non podo confirma-la información que FADESA ainda non presentou (e seguramente nin sequera empezou) o estudio de impacto ambiental. Parece que presentou o estudio de impacto da estación depuradora de aguas que van construir para dar servizo ó complexo, pero non o do propio complexo, moito máis impactante dende o punto de vista ambiental.
O que hai que exixir a FADESA é que presente este estudio, xa que o complexo vaise construir sexa por FADESA ou outra empresa xa que é o Goberno marroquino o que quere montar este monstruo ahí vai ti saber por que escuros intereses.
Non coñezo a normativa marroquina sobre EIA, ademais non sei frances, pero na normativa española este tipo de estudios están sometivos a un periodo de revisión pública no cal calquer cidadán pode revisalo e presentar alegacións.
Habería que saber se en Marrocos isto é igual e se é así animar á xente para que revisen o estudio (se algún día o presentan...) e presenten as máximas alegacións posibles.dimasiado — 01-06-2005 12:51:45
-
Preguntareille á xente de Marrocos que coñezo. Eu mandareilles un correo, por amolalos un pouco.
¿E unha carta ao director no País? canta impotencia...Pouco Ladrador — 01-06-2005 13:19:32
-
Home, non sei. O certo é que FADESA non vai facer nada ilegal, eles poden dicir que a ubicación elexiuna o Goberno marroquino o cal é certo (que manda carralo), pero si podemos facer ruido para que cumpran a lexislación e cun pouco de sorte e pra lava-la súa imaxe sexan mais estrictos ca propia normativa daquel país e asi o impacto sexa mínimo.
dimasiado — 01-06-2005 16:24:58
-
menuda mierda de pag ueb tes q merda
anonimo — 25-05-2006 16:17:06

