¿Cambio na liña editorial?
Decidín facer unha proba despois da publicación da enquisa da Voz que dá a perda da maioría absoluta do PP.
Que conste que é unha cousa rápida. Só quero saber cun método cuantitativo sinxelo se a Voz de Galicia ten cambiado a súa liña editorial.
A proba foi moi sinxela: buscar na hemeroteca o número de novas onde aparecen Fraga, Quintana e Touriño antes e despois da publicación da enquisa.
As datas onde fixen as procuras son do 1 de abril ao 6 de abril de 2005 (antes da enquisa) e do 21 de maio ao 26 de maio de 2005 (despois da publicación da enquisa).
Resultados
Antes da publicación da enquisa os politícos aparecen:
Fraga: 105 veces
Quintana: 37 veces
Touriño: 36 veces
Fraga ten 2,8 veces máis presenza que Quintana e Touriño.
Despois da publicación da enquisa
Fraga: 138 veces
Touriño: 80 veces
Quintana: 57 veces
Fraga ten 1,7 veces máis presenza que Touriño e 2,5 que Quintana.
Que La Voz comence a darlle cancha a Touriño debe significar que se cren o que din na enquisa.
E todo isto tendo en conta que a Voz, xunto con outros xornais foi comprada pola Xunta.
Referencias
URL para referenciasComentarios
-
o outro dia fumos ao monte de san pedro para iso de ISPETE ante o desfile. aos dias seguntes na voz, nin no ideal veu sequera unha reseña pequena dos feitos. habia 60 persoas espidas e 30 fotografos mais ou menos pero da voz e do ideal...
ubaldiño — 01-06-2005 11:59:25
-
pero mira que estás activo hoxe!!
Si, xa vin que non houbo reseña na prensa. Pero se Bono dixo algo sobre quen rexeita ao exercito, será que houbo movemento en contra. Ninguén se molesta en atacar algo que non doe ¿non?Pouco Ladrador — 01-06-2005 12:15:31

