Comentario políticamente incorrecto
¿É xusto que os emigrantes poidan decidir o resultado das eleccións? non esquezamos que Buenos Aires é a terceira cidade galega por número de electores.
Moitos deles somentes terán ligazóns emocionais con Galicia. Agás a políticas sobre emigración da Xunta, pouco máis lles afecta do que se faga aquí.
Aínda así, os seus votos son fundamentais. Está claro que non se lles pode daixar á unha beira, pero non teño tan claro que ese poder de decisión sexa algo xusto.
Ademáis, en tódalas eleccións sempre hai problemas con eses votos.
Referencias
URL para referenciasComentarios
-
Xente que non coñece o día a día da política galega, da situación galega, que só ten unións con Galicia de tipo sentimental non debería poder decidir sobre algo que, sobre todo, afecta ós residentes en Galicia. Non sei que solucións se poden artellar para que se poida contar con eles para outras cousas, pero non para tomar a decisión de quen goberna en Galicia, sobre todo cando a súa manipulación é tan extremadamente fácil.
rosa — 13-05-2005 16:10:25
-
Somos bastantes os que pensamos que isto é un fraude. Coméntao por aí e non será difícil que te chamen insolidario, mal galego, etc.
Pouco ladrador — 14-05-2005 11:16:10
-
Ou todos ou ningún, ¿por que ten dereito a votar unha persoa que leva 40 anos sen pisar Galicia ou peor ainda os seus fillos e non os galegos/as emigradas a outras partes do Estado que por algunha razón tiveron que se empadroar neses sitios?. Eu levo 6 anos vivindo en Euskadi e por primeria vez non vou poder votar xa que empadroeime aqui o ano pasado. Sen embargo vou a Galicia dada dous meses, paso as miñas vacacións alí, a miña familia segue a vivir alí e soño con voltar algún dia. E coma eu hai moitos mais espallados por Madrid, Cataluna, Canarias...e non podemos votar, mentres que os da outra beira do Atlántico sí. Penso que é inxusto
dimasiado — 01-06-2005 17:56:19
-
E aínda agora veñen dicir que hai que controlar o voto emigrante, non vaia ser que haxa fraude... pero que cara ten esta xente!!!
Pouco Ladrador — 01-06-2005 18:03:29

