Eleccións o 19 de xuño
Fraga confirma o que dicía onte a Cadena SER. Temos eleccións dentro de 2 meses.
Teño a impresión de que hai certo pesimismo no ambiente que quere un cambio de governo. Non sei con que estatísticas traballará o PP, pero tendo en conta os resultados da esquerda nas municipais de 2003 e nas xerais de 2004 e mailo informe Barómetro Galego 2004, eu confío no cambio.
Resumo dos datos
| PPdG | Total votos PSdG-BNG | |
| Municipais 2003 | 41,5% | 46,5% |
| Xerais 2004 | 46,5% | 49,2% |
| Informe barómetro Galego 2004 | 42,2% | 54,2% |

