Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
Transición en Galicia

Transición en Galicia

A miña visión sobre o primeiro goberno progresista.

Martes, 05 de julio de 2005

Peche da bitácora

A partir de agora seguirei escribindo en Berridos do Sur.

Jueves, 30 de junio de 2005

Os problemas de Galicia

Nestas eleccións teño discutido moito sobre as bondades dun goberno "amigo". Hai moita xente que pensa que un presidente socialista é mellor para Galicia por ser do mesmo partido goberna en España.

Coido que esta forma de ver a política é un dos noso grandes males: pensar que unha conexión co poder vainos arranxar os nosos problemas. ¿Non é isto sobre o que se sustenta o caciquismo?

Os problemas de Galicia solucionarase co que fagamos nós, non co que nos regalen en Madrid.

Moi recomendable o artigo de Barreiro "El camino equivocado".

Miércoles, 29 de junio de 2005

Críticas

Non ían tardar moito. A moitos españois non lles gusta ver a outro partido nacionalista nun goberno. Somos egoístas, terroristas e, incluso, sucios.

Desde unha óptica centralista Galicia foi con Fraga un modelo de convicencia exemplar. Aquí non hai discriminación de ningún tipo aos que veñen de fora, como pasa en Euskadi ou Cataluña, din eles. O nacionalismo vaino estragar todo.

Chámannos radicais, pero son eles os que nos insultan.

Martes, 28 de junio de 2005

Comenza a nosa transición

Conseguimos botalos. Comenza o cambio que tantos de nós estamos esperando.

¿Peligro cos tránsfugas? non o creo. Paco Vázquez tería moito que perder e pouco que gañar. Demasiado arriscado.

Malia parecer unha victoria moi xusta, o desgaste do PPdG vaise acelerar axiña. Xa se abríu a fenda precisa nas políticas de control da sociedade galega. Agora so temos que esperar a que se derrube o sistema clientelar polo seu propio peso.

Viernes, 24 de junio de 2005

Gañamos nós

Gañamos nós

Lunes, 20 de junio de 2005

Tensión ata o final

Polo de agora non teñen a maioría absoluta. Non vou perder a esperanza ata que teñamos os datos definitivos.

Viernes, 17 de junio de 2005

Amanha vair ser outro día

Xornada de reflexión con manifestación apoiada polo PP incluida. Non discuto que sexa ilegal, pero desde logo é moi pouco cortés.

Aínda así, como di a canción de Chico Buarque, "Amanha vai ser outro día"

Hoje você é quem manda
Falou, tá falado
Não tem discussão
A minha gente hoje anda
Falando de lado
E olhando pro chão, viu
Você que inventou esse estado
E inventou de inventar
Toda a escuridão
Você que inventou o pecado
Esqueceu-se de inventar
O perdão

Apesar de você
Amanhã há de ser
Outro dia
Eu pergunto a você
Onde vai se esconder
Da enorme euforia
Como vai proibir
Quando o galo insistir
Em cantar
Água nova brotando
E a gente se amando
Sem parar

Quando chegar o momento
Esse meu sofrimento
Vou cobrar com juros, juro
Todo esse amor reprimido
Esse grito contido
Este samba no escuro
Você que inventou a tristeza
Ora, tenha a fineza
De desinventar
Você vai pagar e é dobrado
Cada lágrima rolada
Nesse meu penar

Apesar de você
Amanhã há de ser
Outro dia
Inda pago pra ver
O jardim florescer
Qual você não queria
Você vai se amargar
Vendo o dia raiar
Sem lhe pedir licença
E eu vou morrer de rir
Que esse dia há de vir
Antes do que você pensa

Apesar de você
Amanhã há de ser
Outro dia
Você vai ter que ver
A manhã renascer
E esbanjar poesia
Como vai se explicar
Vendo o céu clarear
De repente, impunemente
Como vai abafar
Nosso coro a cantar
Na sua frente

Apesar de você
Amanhã há de ser
Outro dia
Você vai se dar mal
Etc. e tal

Chico Buarque, 1970

Viernes, 17 de junio de 2005

Botar a Fraga

Xa estou na Coruña. Onte pasei o día en Madrid onde estiven con xente da facultade.

Por un erro, pensaban que marchaba a México; aclaréillo dicindo que "subo a botar a Fraga". ¿Ti tamén?, preguntaron... esta semana foi unha frase moi común entre a xente nova emigrada.

Desta vai.

Miércoles, 15 de junio de 2005

Derradeiros chancullos

No Doga do 8 de xuño a Consellería de Medio Ambiente saca a concurso numerosos proxectos. ¿A data límite para a presentación ao concurso? 18 de xuño, un día antes das eleccións.

¿Vendendo os derradeiros favores ou deixándolles un marrón aos que veñan detrás?

Martes, 14 de junio de 2005

Medo a revelar a intención de voto

A política galega non foi capaz de defacerse do caciquismo nestes últimos 15 anos. Os dereitos véndense como favores que a xente maior non é quen de esixir. Os caciquiños rurais aprovéitan este indefensión para roubar votos.

¿Quen ten máis razóns para ocultar o seu voto? a xente que ten medo, á que se lle cambia farolas e asfalto por votos. E teñen medo cando xa non queren votar máis a eses caciques.

Quen mete medo neste país é PP. A esquerda non asusta, Don´t Manuel, asustan os teus caciques.

Lunes, 13 de junio de 2005

A xente nova non emigra, desprázase

Núñez Feijoo non pensa que marchar de Galicia para buscar traballo sexa emigra. Xustifícao con esta frase:

Los gallegos se mueven por España. ¿El señor Méndez Romeu ha sido un emigrante por irse a Madrid a un cargo público?.

Alberto Núñez Feijoo en ¿Quién teme a la colación? (El País)


¿Este home pensa que somos parvos?

Viernes, 10 de junio de 2005

Bitácora do BNG de Xinzo

Acabo de descubrir outra bitácora do BNG, desta vez do partido en Xinzo de Limia. E leva funcionando desde novembro de 2004.

Engadida á lista.

Viernes, 10 de junio de 2005

Tendencia descendente

Desde que comenzou a campaña o PPdG non para de baixar.

Ánimo e seguide polo mesmo camiño!!

Jueves, 09 de junio de 2005

Seguimos insultando

Fraga di que Quintana ten serrín na cabeza e que xa non quedan persoas de nivel intelectual no BNG.

Sobre unha posible coalición BNG-PSdG Fraga afirma que axudaría a traer o terrorismo a Galicia.

Pensei que o Plan Galicia ía ser o eixo central da campaña; pero non, é Carod-Rovira, o terrorismo, a unidade de España e unha ración diaria de insultos (con sorte, acompañados de empanada).

Podes escoitar a entrevista na Cadena Ser.

Hai cousa dun ano falaba cunha veciña de Corcubión. A señoriña estaba moi preocupada por unha picadura de mosquito que tiña a súa neta. A razón de tanta preocupación eran cantidade de "microbios" que traían os estranxeiros. Pensei que falaba dos pelegrinos, pero se refería aos moros.

Esta persoa tiña tal mestura no miolo de armas biolóxicas, inmigración e terrorismo que andaba co medo metido no corpo. Á xente maior é moi sinxelo confundila. E o PPdG sabe que esta estratexía vil funciona e utiliza o terrorismo coas mesmas intencións. Ninguén cun pouco de formación (a xeración máis nova) dá creto a estas parvadas. Pero xa sabemos que en Galicia o que hai son moitos vellos.

Deberían darlle ao PPdG o premio Goebbels de propaganda

Jueves, 09 de junio de 2005

O que di o mono, repite o bechoco

"un partido como el Bloque que el propio alcalde de A Coruña lo califica como una especie de Batasuna".

Díxoo Paco Vázquez.

Repetíuno Rajoy.

Eu, na rede

Berridos do sur
No lo entiendo. Usabilidade e deseño de interacción.
As miñas fotos en Flickr.

Outras bitácoras

Endurance
Galego de seu
Polo Cambio en Galicia
A Regueifa
Fragaga.org
BNG-Xinzo

Outras ligazóns

Vieiros
Galego 21

Sindicación

RDF 0.91
RSS 1.0
XML/RSS 2.0
Atom 0.3
As eleccións no blogomillo (Technorati watchlist)

Procuras

 

Categorías

Comprando votos (4)
Datos, enquisas (6)
Declaracións (3)
General (43)

Arquivo

Marzo 2008 (0)
Julio 2005 (1)
Junio 2005 (27)
Mayo 2005 (21)
Abril 2005 (7)

Créditos

Diseñado por Manu Contreras
Creative Commons License

Outros


directorio de weblogs. bitadir
Blogwise - blog directory Suscribir con Bloglines Blogarama